MagMyPic...unha páxina máis que interesante!
O proceso é sinxelo; como na maioría destas utilidades online, non precisas ter ningún programa de edición de imaxe instalado no ordenador. Sóbese a imaxe (vertical e centrada) nun dos formatos que che piden. Agardas uns segundos e aparecerán un feixe de portadas nas que poderás insertar a foto seleccionada con anterioridade. Elixes a que máis che guste e xa está.
Loxicamente esta utilidade, non che vai facer famoso mais pode ser un bo recurso para que experimentemos de forma rápida e áxil o comportamento dunha imaxe de portada.
Se queres tentalo ti mesmo só tes que ir a www.magmypic.com
Exemplo 01:

Exemplo 02
0 comentarios