Blogia
xurxootero

Que son as Webquest

De xeito moi rápido podemos definir as WebQuest (WQ) dicindo que non son máis que actividades de aprendizaxe que os estudantes levan a cabo empregando recursos de internet preseleccionados polo docente, de xeito que o alumnado enfoque o seu esforzo na utilización deses recursos e non na súa busca. Sen embargo a súa filosofía de aprendizaxe significativa e colaboracionista fai que a tarefa de definir exactamente unha WQ sexa moito máis extensa. Tentaremos facelo repasando como debe ser a súa estrutura tanto interna (o seu "espíritu") como externa (o seu "físico"). As WQ están deseñadas para que o alumno desenvolva habilidades esenciais para empregar a información, é dicir, para clasificala, organizala, analizala e sintetizala correctamente, co obxectivo de xerar un produto novo que cumpra os fins da aprendizaxe plantexada.
A sua invención e difusión débense a Bernie Dodge (Profesor de Tecnoloxía Educativa - Universidade Estatal de San Diego) quen, case por casualidade, aló por 1995 ao ver o resultado da busca, recompilación e reelaboración da información por parte dos seus estudantes fixou a idea básica da estrutura das WQs.

0 comentarios