Blogia
xurxootero

Lunapic e o tratamento de imaxes online

Lunapic animator é unha completísima ferramenta online de edición dixital fotográfica, xa que dispoñemos de ferramentas que nos permiten desde as rotacións, redimensións, melloras cromáticas, engadir algúns elementos, filtros, etc…
Permítenos igualmente subir vídeos e convertilos en vídeos de otros formatos, pero o máis interesante é que nos permite crear unha sencuencia de imaxes, é dicir, permítenos xerar gráficos animados, co que, entre outras cousas, poderemos elaborar as nosas propias iconas animadas para usalas nas nosas contas da rede de mensaxería que empreguemos.
A verdade é que dispón de multitude de opcións, sobre todo de efectos, tanto para aplicar en imaxes estáticas como animadas, facilitándonos o código para insertalo no MySpace.
Os formatos de arquivo que poderemos subir, con un peso máximo de 2 MB cada archivo, son GIF, JPG, BMP, PNG, AVI, MPG, FLV y RM. Igualmente poderemos subir imaxes desde Photobucket e Flickr.
Xa non temos excusa para perder un tempiño e fuchicar neste interesante aplicación e conseguir uns resultados magníficos desas fotos que pensabamos que non iriamos a publicar xamais!!!

lunapic-123960375132250

0 comentarios