Blogia

xurxootero

Lunapic e o tratamento de imaxes online

Lunapic animator é unha completísima ferramenta online de edición dixital fotográfica, xa que dispoñemos de ferramentas que nos permiten desde as rotacións, redimensións, melloras cromáticas, engadir algúns elementos, filtros, etc…
Permítenos igualmente subir vídeos e convertilos en vídeos de otros formatos, pero o máis interesante é que nos permite crear unha sencuencia de imaxes, é dicir, permítenos xerar gráficos animados, co que, entre outras cousas, poderemos elaborar as nosas propias iconas animadas para usalas nas nosas contas da rede de mensaxería que empreguemos.
A verdade é que dispón de multitude de opcións, sobre todo de efectos, tanto para aplicar en imaxes estáticas como animadas, facilitándonos o código para insertalo no MySpace.
Os formatos de arquivo que poderemos subir, con un peso máximo de 2 MB cada archivo, son GIF, JPG, BMP, PNG, AVI, MPG, FLV y RM. Igualmente poderemos subir imaxes desde Photobucket e Flickr.
Xa non temos excusa para perder un tempiño e fuchicar neste interesante aplicación e conseguir uns resultados magníficos desas fotos que pensabamos que non iriamos a publicar xamais!!!

lunapic-123960375132250

32 Cancións en 8 minutos...

Aquí vemos a versatilidade dun rapaz que ben poderiamos coller para animar unha festa...incrible...Xa sabedes, se tedes profe de música, proxecto "Jukebox" para final de curso como avaliación final  :)

 

See more funny videos and funny pictures at CollegeHumor.

Como se viste un Cigarrón

Pasados os Carnavais de 2009 quedoume a experiencia de vivir varios momentos:o Xoves de Compadres, o Xoves de Comadres e un proceso ben curioso que tivo lugar na Cafetería Nelson sita no IES García Barbón de Verín. Nin máis nin menos que ver, paso a paso, como se viste un personaxe típico da "Terra do Támega" e da "Festa da Carne"  : O Cigarrón
Nelson brindouse a que lle fose tirando fotos a medida que se ía vestindo e así é como quedou o produto final... Espero que vos guste!

Os Avatares e Voki

Anque o uso orixinal do termo avatar é ben distinto, este termo empezou a ser usado no senso iconográfico ao que se refire este artigo polos deseñadores de varios xogos de rol, tales como Habitat en 1987 ou Shadowrun en 1989. Mais non foi ata 1992 cando se empezou a popularizar realmente, gracias a Neal Stephenson na súa novela ciberpunk titulada Snow Crash, onde se empregaba este termo para describir a simulación virtual da forma humana no Metaverse, unha versión de Internet en realidade virtual. 
O estatus social dentro do Metaverse soía basarse na calidade do avatar do usuario. Stephenson dixo que él inventara o uso desta palabra descoñecendo que se usara deste xeito con anterioridade.

Debido á rápida expansión no uso de avatares nos foros de discusión de Internet, descoñécese csl foi eo primeiro foro que incorporou o uso de imaxes de reducidas dimensións (frecuentemente cercanas a 100 x 100 pixeles) como avatares representativos para cada usuario, que acompañaban a tódalas súas mensaxes. Algúns foros permiten incorporar unha imaxe desde o ordenador personal ou un enderezo URL ao foro, para que sexa utilizada como o seu avatar. Outros dispoñen dunha galería de imaxes preestablecida para que o participante ou usuario poda elexir unha de entre elas.

Na Internet e outras tecnoloxías da comunicación modernas, denomínase avatar a unha representación gráfica, xeralmente humana, que se asocia a un usuario para a súa identificación. Os avatares poden ser fotografías ou debuxos artísticos, e algunas tecnologías permiten o uso de representacións tridimensionais.

Voki.com
O termo Voki é unha combinación de "Vox" que significa voz en latín y "Loki" dios timador de la mitología nórdica.Un Voki permite al usuario expresarse en la Web a través de un personaje que puede hablar por él. Se pueden personalizar gracias a la gran variedad que ofrecen y se le puede añadir voz de varias formas diferentes simplemente escribiendo el mensaje o subiendo tu propia voz a través de teléfono o micrófono o desde un archivo de sonido.

Voki01

Como podo crear un Voki?

Personalizar tu voki es muy sencillo y divertido ya que las posibilidades son muchas. Primero eliges el personaje, en la mayoría de ellos puedes elegir peinado, ropa y complementos. Después introduces la voz, para ello tienes varias opciones la más asequible desde cualquier sitio es escribir el texto, elegir el idioma y una voz. Luego puedes introducir efectos especiales en fx. Solo nos queda elegir un fondo, que puede ser hasta animado y elegir un marco. Y ya tienes tu Voki creado. Ahora solo te queda colocarlo bien en el marco, para ello haces clic en la lupa que hay en la esquina derecha de abajo del marco del Voki y verás como lo puedes alejar o acercar y mover. Por otro lado si te fijas, debajo del Voki tienes las opciones de variar el tamaño y el color de partes del personaje. Una vez que termines tienes que guardarlo haciendo clic en save.
Para ver mejor las opciones en las imágenes puedes ampliarlas haciendo clic en la misma imagen.

voki03
Como poño o Voki no meu blog?

Una vez guardado el Voki verás que debajo de él aparecen un pequeños iconos. Si haces clic sobre el ojo te permitirá volver a editarlo y además poder enviarlo a tu blog. Para ello debes indicar que lo quieres enviar a blogger y el tamaño que te interesa, grande, pequeño o a tu gusto. Para terminar le das a Get Code y te llevas este código a tu blog.

One true media

One true media é un servizo online que permite crear presentacións con fotos e música (libros de fotos, slideshows e e-cards). Dispón de plantillas e efectos de transición, ademáis proporciona o código para poder "embeber"(embed) as presentacións nos blogs. A pesar de que Halloween xa pasou, eu decidín facer unha proba para ver como quedaba esta montaxe...


Make an on-line slide show at www.OneTrueMedia.com

Como crear unha Webquest...

Para aquelas persoas que teñan interese e lles resultara atractiva a idea, aquí teñen un "titorial" ou "guía" de como elaborar unha Webquest. O usuario non debe "desesperarse" e pensar que é unha tarefa moi difícil, só é unha cuestión de paciencia e fixarse un pouquiño...

Que son as Webquest

De xeito moi rápido podemos definir as WebQuest (WQ) dicindo que non son máis que actividades de aprendizaxe que os estudantes levan a cabo empregando recursos de internet preseleccionados polo docente, de xeito que o alumnado enfoque o seu esforzo na utilización deses recursos e non na súa busca. Sen embargo a súa filosofía de aprendizaxe significativa e colaboracionista fai que a tarefa de definir exactamente unha WQ sexa moito máis extensa. Tentaremos facelo repasando como debe ser a súa estrutura tanto interna (o seu "espíritu") como externa (o seu "físico"). As WQ están deseñadas para que o alumno desenvolva habilidades esenciais para empregar a información, é dicir, para clasificala, organizala, analizala e sintetizala correctamente, co obxectivo de xerar un produto novo que cumpra os fins da aprendizaxe plantexada.
A sua invención e difusión débense a Bernie Dodge (Profesor de Tecnoloxía Educativa - Universidade Estatal de San Diego) quen, case por casualidade, aló por 1995 ao ver o resultado da busca, recompilación e reelaboración da información por parte dos seus estudantes fixou a idea básica da estrutura das WQs.

MagMyPic...unha páxina máis que interesante!

O proceso é sinxelo; como na maioría destas utilidades online, non precisas ter ningún programa de edición de imaxe instalado no ordenador. Sóbese a imaxe (vertical e centrada) nun dos formatos que che piden. Agardas uns segundos e aparecerán un feixe de portadas nas que poderás insertar a foto seleccionada con anterioridade. Elixes a que máis che guste e xa está.
Loxicamente esta utilidade, non che vai facer famoso mais pode ser un bo recurso para que experimentemos de forma rápida e áxil o comportam
ento dunha imaxe de portada.
Se queres tentalo ti mesmo só tes que ir a www.magmypic.com

Exemplo 01:

 



Exemplo 02